A levantar o voo. Iso é o que esperan os afeccionados da Unión Deportiva Ourense que viron como nas catro primeiras xornadas de Liga perderon tres partidos. Algo ao que non están acostumados nin os seareiros nin os propios futbolistas, que a pasada tempada contaban todos os seus partidos por vitorias.

Desde o propio club xa sabían que non ía ser o paseo triunfal da pasada campaña; e mesmo o adestrador, Antonio Dacosta, advertira que este ano ían ter que esforzarse máis para lograr o obxectivo do ascenso. Pero a realidade é que ninguén esperaba que o inicio fora tan malo para os intereses unionistas.
Na primeira xornada, fronte ao Arnoia chegou o primeiro traspés. 2-1 nun campo que xa o ano pasado non se lles dera nada ben na Copa Deputación.
Na segunda xornada recibían no Couto ao Palmés, equipo co que compartíu categoría o ano pasado. A UD pasou por enriba do rival ao que venceu por 8-1.
Todo facía indicar que no Couto, os de Dacosta serían inexpugnables, pero o seguinte partido no estadio ourensán, na xornada número catro, mostróulles a cruda realidade.
Foi contra o Santa Teresita e perderon por 2-3.
Antes, na xornada tres, caeran derrotados en Loñoá (2-0).

Inquietude
Esta dinámica fai que comece a instalarse a incertidume na parroquia unionista. Os xogadores entran aos partidos inquedos, a afección quere ver vitorias e o adestrador amenazou con arroxar a toalla se isto non cambia. Uns nervios que nada favorecen a un conxunto que debe cambiar a tendencia.

Clasificación
Estas tres derrotas e unha única vitoria fan que a UD Ourense ocupe a 14ª praza con tres puntos. Moi lonxe dos dous primeiros postos (os que dan dereito ao ascenso) que ocupan Santa Teresita e Santa Cruz de Arrabaldo, ambos con 10 puntos.
Dous partidos
Antonio Dacosta está moi disconforme coa marcha do equipo e xa avisou que se a historia non cambiaba el deixaba o club. “Sempre dixen que cando as cousas non funcionan o primeiro que ten que marchar é o adestrador. E se o fago é para que chegue un revulsivo”.
Para iso Dacosta da un marxe de dous encontros: “se nos próximos dous partidos non gañamos plantexareime deixar o equipo”, sentenciaba o técnico.

Trives
Aa quinta xornada enfrontará á UD co Trives. O encontro terá lugar no Agro o domingo ás cinco da tarde. Desde o club poñen a disposición dos afeccionados que queiran acompañar ao equipo un autobús. O prezo do mesmo será de cinco euros. O bus sairá ás 15 horas do Couto. Ata o propio momento de partir, salvo que se encha antes, o que queira pode anotarse.
O Trives é, con dous puntos, o 16º clasificado.

Senén
A Unión Deportiva Ourense presentou á última incorporación do primeiro equipo. Tratase de Senén Vázquez, xogador que provén do Barbadás e que anteriormente xogou no filial do equipo dos Carrís e no filial de CD Ourense. Senén ocupa a demarcación de defensa.
O xogador decidiu recalar na UD, despois de rexeitar outras ofertas de equipos de maior categoría, por «xogar no Couto e pola súa afección». Senén está convencido de que, a pesar de comezar mal a tempada, «o equipo casi seguri que ascenderá».