Haberá un primeiro premio de 500 euros, un segundo premio dotado con 200 e catro áccesits dotados con 70.
Con motivo do Día Mundial daos Animais, que se conmemora o 4 de outubro, o Concello de Ourense convoca o I Concurso de Fotografía “Mascotas adoptadas responsablemente”.
Supón, deste xeito, unha nova campaña máis de sensibilización, organizada dende o goberno municipal de Ourense, en favor do fomento das adopcións de animais, á que se lle unirán outras accións como melloras no albergue municipal de cans e gatos, e próximas actividades de sensibilización sobre o benestar animal.
No que respecta ao certamen fotográfico que se porá en marcha este ano por primeira vez, poderá participar no concurso calquera persoa maior de 18 anos que teña adoptado un can na canceira municipal. O obxectivo e potenciar esta actividade para obter maior calidade de vida dos animais.
Cada concursante poderá presentar un máximo de 2 fotografías. As obras deberán entregarse en papel fotográfico e en soporte informático. O prazo de admisión de solicitudes será de trinta días naturais contados a partires da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. As bases completas poden consultarse na web www.ourense.gal.
Premios
Este concurso estará dotado de varios premios. Un primeiro por valor de 500 euros, un segundo de 200 euros e catro accésits de 70 cada un.