Os integrantes deste equipo de traballo están convocadoseste luns ás 13.00 horas no Centro Cívico Colón.
O Centro Cívico Colón acolle este luns a constitución da Mesa para a Mobilidade de Ourense. A esta mesa de traballo están convocados os portavoces de todos os grupos políticos con representación municipal, así como os concelleiros das áreas de Tráfico (Flora Moure), Asuntos Sociais (Sofía Godoy), Urbanismo (José Cudeiro) e Educación (Belén Iglesias) e o propio portavoz e concelleiro de Infraestruturas e Transporte Público (José Araújo).
Neste equipo tamén estarán integrados técnicos municipais da Policía Local, de Infraestruturas, Transportes, Educación, Urbanismo e Discapacidade. Asemade, participarán colectivos como Stop Accidentes, as federacións veciñais Limiar e Miño, a Asociación de Taxistas, a Asociación Mobiliza, a Federación de Anpas e colectivos sociais. Tamén haberá representantes dos sindicatos, sector empresarial, hostelería, comercio, organizacións ecoloxistas e a Universidade.
A orde do día será o análise do futuro Plan de Mobilidade do Concello de Ourense e fixar as reunións da Mesa con periodicidade mensual. Tamén se recabarán achegas para o futuro prego do Transporte Público.
Segundo as liñas xerais do futuro Plan de Mobilidade do Concello, o obxectivo primordial é implementar accións que reforcen un modelo de cidade saudable, sostible, eficiente e segura. Para elo, será necesario fomentar o uso do transporte público e garantir a accesibilidade universal a todos os servizos da cidade nas mellores condicións. Que Ourense se convirta nunha cidade sen barreiras, con itinerarios adaptados nos edificios e espazos públicos.