A Unión Deportiva Ourense logra a súa primeira vitoria a domicilio no que vai de curso.
Os de Antonio Dacosta chegaban a Trives coa necesidade de lograr os tres puntos en disputa se non quería afondar na pequena crise que está a atravesar o equipo neste inicio ligueiro na Segunda Autonómica.
O partido tivo claro dominio unionista, pero as ocasións falladas casi lle supón un disgusto ao final do partido.
Xurxo ao remate dun saque de esquina lograba o primeiro tanto da tarde. O defensa o festexou cun efusivo abrazo a Antonio Dacosta. O adestrador daba como prazo este partido e contra o At. Velle da próxima semana para decidir o seu futuro ao fronte do primeiro equipo do Ourense.
Durante o primeiro periodo os capitalinos algunha ocasión clara que casi lles costa un disguto se os locais non desaproveitaran a que tiveron.
Foi aos sete minutos da reanudación cando Julio Salgado (quen xa malograra minutos antes unha ocasión) o que lograba por terra de por medio. O seu remate de cabeza non encontrou resposta rival e introdiuise na portaría defendida por Javier.
Xa co partido sentenciado chegaba o gol local obra de Guille. 1-2 e tres puntos importantísimo para remontar na táboa clasificatoria.
Senén
Debut prometedor da nova fichaxe da UD Ourense. Senén xogou uns minutos da segunda metade e xa deu mostras da súa calidade. Dacosta o utilizou no flanco esquerdo como interior, máis adiantado do que o facía no Barbadás que xogaba de lateral.