O Ourense Envialia venceu por 1-7 ao Valdetires Ferrol, mentres que o Cidade As Burgas non pasou do empate co Roldán.

Envialia
O Envialia logrou a segunda vitoria da tempada ao vencer a Ferrol por goleada. Un resultado engañoso xa que as de Chipi tiveron que sufrir xa que non se distanciaron no marcador ata os últimos minutos de encontro. As departamentais decidiron xogar de cinco e aí as ourensás foron letais con cinco goles nos últimos dous minutos de encontro.

O marcador o abriría Ana aos 10 minutos. E foi na segunda metade cando as locais lograrían o empate. As albinegras aproveitáronse dunha superioridade numérica por expulsión dunha rival o que lles valeu para subir o 1-2 ao electrónico, obra de Rosángela.

O adestrador local apostou entón polo xogo de cinco, o que sería unha decisión totalmente desacertada. En dous minutos Marta, Bea Seijas e Sara Moreno -por partida triple- porían o definitivo 1-7.

Con este resultado o Envialia é terceiro con seis puntos, a dous dos líderes, Futsi e Burela.

Cidade
O Cidade viase na obriga de sumar os primeiro puntos da tempada. Enfronte o Roldán. As de Codeso pronto veríanse detrás no marcador ao meter María Arias un gol en propia porta. Antes do descanso, Iria lograba o empate a un.

No primeiro minuto da reanudación, Anita París adiantaba ás visitantes tras batir a Antía -Ana fora expulsada no final da primeira metade por protestar-. E as murcianas poñían terra de por medio aos sete minutos do segundo tempo.

Nestas chegaba a reacción local cos cinco mellores minutos desde que comezara a tempada. Vanessa, Sonia e Iria dábanlle a volta ao marcador.

Cando todo parecía que ía quedar así, o Roldán nunha longa posesión, en xogo de cinco, lograba o empate a catro tantos. Faltaban 40 segundos e non quedaba tempo para máis.

Estes son os primeiros puntos do Cidade nunha Liga que non comezou como a anterior.

Sala Ourense
O Sala Ourense logrou a vitoria na terceira xornada da Segunda División B fronte o Benavente. Foron os visitantes os que golpearon primeiro. Pero o Sala Ourense, liderado por Tizón -que marcou dos tantos- lograron darlle a volta e vencer 5-2. Este resultado fai que o Sala Ourense sexa quinto con seis puntos.

O outro equipo ourensán, o Pizarras Los Tres Cuñados é sexto cos mesmos puntos. Esta xornada venceu ao Boal de Asturias.