Será a antesala da manifestación grupal que se celebrará en Compostela o día 24, en contra da corrupción e para loitar por unha vida digna para todos os cidadáns.
As Marchas da Dignidade convocan a todos os ourensáns este xoves 8 de outubro ás 20 horas ante a Subdelegación do Goberno, en apoio da marcha xeral que terá lugar o próximo día 24 en Compostela. Á manifestación deste xoves tamén se suma o colectivo Stop-desafiuzamentos Ourense; xa que ambos buscan con esta concentración loitar por unha vida digna para todos os cidadáns e rematar coa corrupción.
Baixo o lema “Procurando dignidade…cara o 24 de outubro”, diversas vilas e ciudades galegas acollen estas manifestacións previas da man das Marchas da Dignidade, un momvemento plural que convida a todo tipo de persoas e asociación a unirse ás súas rivindicacións.