A fundación con sede en Paciños, Allariz, oferta dous cursos para o 24 de outubro.
A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz oferta dous novos cursos este mes de outubro. Dunha banda, o curso de cociña “Pratos de outono”; doutra “Introdución ás plantas aromáticas e medicinais”. En ambos casos a formación desenvolverase nunha única xornada: o sábado 24 de outubro.
Durante tres horas, o curso de cociña ensinará a elaborar preparacións culinarias con produtos de outono, mentres que ao longo de sete horas e media de formación teórica e práctica os participantes no segundo curso coñecerán as plantas medicinais e aromáticas, e os principios básicos de cultivo, recolección e conservación.
Os cursos teñen un prezo de 20 e 24 euros, respectivamente, e os interesados poden inscribirse na sede da fundación, en Paciños, ou ben no 988 436 182 ou en info@fundacionrgf.org.