Os nacionalistas aseguran que esta ferramenta será de gran utilidade para veciños, comerciantes e os peregríns que percorren a Vía da Prata.
Desde principios de xullo o BNG de Villar de Barrio comezou unha recollida de sinaturas para lograr que Abanca instale un caixeiro automántico na súa sucursal ubicada na localidade.
“Consideramos que este servizo vai ser moita utilidade, para os negocios, veciños e peregríns”, explican os nacionalistas. Xa que neste momento os que precisan diñeiro en efectivo deben percorrer 15 quilómetros ata Xinzo de Limia.
Coñecida a súa demanda, Abanca manifestou a súa vontade de por en funcionamento dito caixeiro. Polo que agora que lle presentarán as 1.000 sinatura reunídas, dende o BNG agardan que “por fín as promesas se fagan realidade”.