Con tan só tres semanas de pretempada o COB comezou a LEB Ouro con derrota ante Melilla (55-75).
O Club Ourense Baloncesto debutou na Ouro 2015-2016 no que será o ano de transición antes de recalar na ACB. O primeiro rival foi o Melilla, equipo confeccionado para loitar por todo neste curso.
O partido non tivo historia. Un COB voluntarioso pero falto de rodaxe non puido ante un equipo o norteafricano que, con pouco, sacou o partido sen complicacións.
Por parte cobista decepcionaron, no debut, algún dos xogadores; en especial, Jonathan Barreiro. O galego vinculado ao Real Madrid estivo moi desacertado e sen caracter para afrontar un partido que lle quedou grande. Marxe de mellora ten, e moito; de seguro que dará tardes de gloria no Pazo. Ander Martínez, aínda que máis solto, Salash, Kapelan e Ballesta, tampouco rendiron como se esperaba.
Zamora e Rowley, fóra de forma en exceso. O primeiro tivo detalles de calidade, mentres que o segundo ten que facerse máis forte baixo o aro.
Mención aparte para as dúas renovacións. Rivero e Rejón mativeron ao COB en partido ata que puideron. Os dous demostraron que eles serán os que leven os galóns este ano, á espera que os seus compañeiros aporten máis ao equipo.
Fichaxes
Está practicamente pechada a incorporación de Danny Agbelese. O noxeriano xogou a pasada tempada en Guadalaxara da Liga EBA cuns número excepcionais. Agora está no AGO Rethymno grego cun contrato con posibilidade de corte, polo que acepatará a oferta do club ourensán.
O pívot pechará o xogo interior. Xogador con moita envergadura e que xoga por enriba do aro dará espectacularidade ao xogo.
Salva Arco tamén podería recalar en Ourense. O xogador, despois do seu pase polo Fenerbahçe turco, está estos días en Ourense e sen equipo. Pode que finalmente firme para estar ás ordes de Gonzalo García de Vitoria.