Rogelio Martínez e Marisol Díaz Mouteira

A deputada Marisol Díaz Mouteira será a nova delegada da Xunta en Ourense.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou este xoves o decreto polo que se dispón o nomeamento de Marisol Díaz Mouteira como nova delegada territorial da Xunta en Ourense, en substitución de Rogelio Martínez González, que cesa a petición propia.

Díaz Mouteira (Alemaña, 1967) é licenciada en Dereito e especialista en Mediación Familiar e Dereito Divil. Esta funcionaria do Corpo Superior da Xunta ocupou diversos cargos representando ao Goberno autonómico na provincia de Ourense. Entre 2003 e 2005 foi delegada provincial da Consellería de Xustiza, entre 2009 e 2012 xefa territorial de Educación, entre 2013 e 2015 xefa territorial da Vicepresidencia e entre xaneiro e xuño de 2015 secretaria territorial da Delegación da Xunta en Ourense.

Desde xuño deste ano é deputada no Parlamento de Galicia en substitución de Jesús Vázquez Abad. Tamén fora deputada entre febreiro e novembro de 2012.