A Unión Deportiva Ourense recibe este sábado -17.00 horas- no Couto ao Atlético Velle coa mente posta en acadar os tres puntos.

Trala vitoria da pasada xornada fronte o Trives (1-2) os homes de Antonio Dacosta queren sumar unha nova vitoria e saír do estado de ansiedade que teñen os xogadores polos malos resultados deste inicio de curso.

A Unión ocupa a undécima posición con seis puntos (dúas vitorias por tres derrotas). Nas dúas primeiras xornadas que xogou coma visitante (Arnoia e Loñoá) o equipo non puido arañar ningún punto.
Tivo que ser no terceiro partido, fronte Trives, cando acadou os primeiros puntos lonxe do Couto. En canto aos de casa, goleada contra Palmés e derrota ante Santa Teresita. Nesta ocasión chega o Atlético Velle, equipo que ocupa a décimo cuarta posición con cinco puntos, tras unha vitoria, dous empates e dúas derrotas. O equipo de Marcial Martínez chega ao Couto con sancionados.

Almeida
O xogador unionista, Roberto Almeida, que aínda non debutou este ano na Liga pide calma. O mediapunta que está en proceso de debutar máis pronto que tarde nesta campaña considera que os xóvenes teñen que estar tranquilos a pesar do mal inicio. «A Liga no fixo máis que comezar, hai que estar tranquilos». Tralas probas realizadas a Almeida, e descartada unha lesión importante, poderá estar en breve ás ordes de Dacosta.