A formación realizarase nos locais que a asociación xuvenil ten nos baixos do colexio salesiano.

 

A Asociación Xuvenil Amencer organiza, como todos os anos no primeiro trimestre do curso escolar, un curso de Monitores de Tempo Libre en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Galicia. A titulación que se obtén é oficial expedida pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

O curso vai dirixido ás persoas interesadas no mundo da educación dende o tempo libre, membros de asociacións, voluntarios, monitores de campamentos etc. O número de prazas é limitado: 25 prazas por curso. A inscrición é por rigoroso orde de matrícula.

O curso realizarase nos locais da asociación na praza Don Bosco 1, nos baixos do colexio salesiano. Levarase a cabo en fins de semana, en “pontes” e vacacións escolares para que os estudantes universitarios poidan participar neles. Dará inicio o 31 de outubro e estenderase ata o 26 de decembro.  Son 200 horas de formación teórica e unha parte práctica de 150 horas en actividades de tempo libre ou 14 días de campamento de tempo libre.

Poden matricularse aquelas persoas que sexan maiores de 18 anos e teñan o graduado escolar. O custo da matrícula é de 250 euros.

Ofrecen máis información no 988 218123, en amencer@amencer.org.