A Unión Deportiva Ourense logra a segunda vitoria consecutiva tras vencer ao Atlético Velle (8-0).

Desde a grada da UD esperaban ver a segunga vitoria consecutiva do equipo dirixido por Antonio Dacosta. Despois de vencer a pasada xornada en Trives buscaban unha vitoria que os afianzara en confianza.

E ista non puido chegar de mellor maneira; catro goles por periódo para firmar un 8-0 inapelabale ante un rival que pouco puido facer. As baixas do Atl. Velle fixeron mermar a un equipo que apenas inquedou a meta rival.

No partido dous nomes propios. Por unha banda, o de Cristian Dacosta, autor de cinco tantos e pola outra, Fran Álvarez, que debutaba en Liga tras unha inoportuna lesión.

Aos 17 minutos os locais xa dominaban co gol de Julio Salgado quen se aproveitou dun erro da zaga rival. A partir de aí, os cinco seguintes goles levaría a firma de Cristian Dacosta. Na primeira metade anotaría tres para marchar cara a vestiarios cun 4-0.
Na segunda metade dous máis antes de cederlle a faceta goleadora a Jorge. O dianteiro quen entrara no campo na primeira metade en substitución dun lesionado Julio Salgado anotou os dous últimos tantos da tarde.

Vitoria que coloca aos de Antonio Dacosta na oitava posición con 9 puntos a seis dos líderes, Amoeiro e Arnoia (ambos con 15 puntos). A próxima cita dos unionistas é esta fin de semana no campo do Amoeiro (Penafita).