Campamento de scouts

O campamento «Academia de Exploradores» en Esgos ven de rematar con gran satisfacción de participantes e monitores despois de dous días de actividade.

 

Apenas leva uns meses constituida a asociación Grupo Scout ILEX e xa deu comezo a súas actividades cun campamento de fin de semana, entre o 10 e 11 de outubro, no que os intrépidos participantes tiveron ocasión de experimentar algunhas propias da metodoloxía scout na que paseniñamente se van a seguir iniciando a través das actividades semanais que desenvolvá este grupo todos os sábados, entre as 10.30 e as 13.00 h no Espazo Xove (Casa da Xuventude). O inicio destas actividades é o 24 de outubro.

Un total de 26 nenas e nenos, de entre 8 e 13 anos, tomaron parte neste primeiro campamento, acompañados por un experimentado equipo de 10 monitores e monitoras, no Albergue Vilar de Ordelles que o Concello de Esgos cedeu para o desenvolvemento da actividade, unha valiosa axuda á que hai que sumar a subvención recibida ao abeiro do programa de axudas á mocidade da Xunta de Galicia chamado «Iniciativa Xove».

Os exploradores recoñeceron o terreo chegando ata San Pedro de Rocas e gozaron cunha gran variedade de xogos e dinámicas, e mesmo cearon unha rica cea feita ás brasas do lume na que tamén participaron. Esto é un sinal do método scout, no que se busca a implicación dos rapaces e rapazas na vida dos campamentos que deben de corresponsabilizarse en tarefas como limpar, fregar a louza, montar a súas tendas de campaña, ou mesmo participar nas labores de cociña.

Tanto os nenos e nenas como os monitores e monitoras quedaron encantados con esta experiencia de convivencia e aprendizaxe e con gañas de máis.

Pódese obter máis información sobre o Grupo Scout ILEX en www.scoutsourense.org