Unha actividade deportiva solidaria organizada polo Consello Municipal de Deportes recaudará fondos para as familias de refuxiados de Siria. Será este mércores no pavillón dos Remedios con entrada de 3 euros.

Este mércores realizarase esta actividade deportiva na que colabora Cruz Vermella e na que a recadación irá destinada íntegramente ás familias de refuxiados sirias.

O concelleiro de Deportes, Mario Guede, explicou o programa previsto: comezará ás 20.00 horas cunha exhibición de ximnasia cargo do Club Ximnasia Pavillón. Ás 20:15 horas terá lugar un partido pre-benxamín do Pabellón Club de Fútbol, segido dun partido de división de honra feminino amistoso entre o Ourense Club de Fútbol e o Club Cidade das Burgas FSF. No descanso deste encontro, haberá unha exhibición de patinaxe a cargo do Club Deportivo Ourela.

Pola súa banda, a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, explicou que  “o drama humanitario que se está a vivir en Siria non nos é alleo no Concello de Ourense, toda vez que fumos o primeiro concello de Galicia en elaborar un protocolo para a o acollemento de familias de refuxiados sirios, unha vez que tanto a administración central como a autonómica fixen os criterios para distribuir ás familias que acollamos en España.
>> Pero mentras chega ese momento, en Ourense non estamos de brazos cruzados. Por iso mañá celebraremos unha tarde deportiva con fins benéficos para recaudar fondos para estas familias”.

Por último, Mario Guede recalcou a necesidade de participar neste evento, “para amosar que Ourense é unha cidade solidaria e comprometida”.