A actividade ten un custo total de 105.000 euros, dos cales 21.000 foron achegados polo Concello de Ourense.

 

Democracia Ourensana vén de critircar a organización e o gasto xerado coa próxima “Feira do Emprendedor”, que se realizará o próximo 20 de outubro.
Esta iniciativa tivo un coste total de 105.000 euros, dos cales 21.000 foron achegados polo Concello de Ourense. A feira componse de dúas partes: unha exposición con stands de emprendedores e varias conferencias, todo no edificio Ángel Valente (antigo Banco de España). Dende DO califican ambas partes como “igual de inútiles”, xa que segundo destacan na exposición haberá presenza de institucións públicas e empresas privadas e “non cremos que se peche un só acordo en tan absurda feira”, reclaman.

Se ben o 80% da iniciativa está financiado con fondos europeos, dende o partido de Gonzalo Jácome lamentan que “se despilfarre nalgo de nulo proveito para os ourensáns”. Ademais, indican que a maior parte da inversión vai destinada ao montaxe dos stands, e só 23.000 euros para as conferencias. “Neste tipo de feira os únicos beneficiarios sempre son os proveedores”, denuncian.

Así mesmo, critican a gratuidade da actividade, xa que “vai en contra do propio espíritu empresarial”, aseguran. E destacan que o Partido Popular vendeu como logro que Alejandro Vesga (director da revista “Emprendedores”) vaia acudir á cita para impartir unha conferencia de balde, cando en realidade o Concello mercará como intercambio 300 libros de Vesga. “A calquera persoa que lle pagues unha factura de 5.000 euros en libros darache unha charla gratis, tómannos por imbéciles”, recalcou Jácome ao interarse do acordo.

Dende DO consideran que a mellor maneira de favorecer aos emprendedores ourensáns é “minimizar os atrancos burocráticos, permisos, e reducir taxas e impostos”.