Terá lugar este sábado 17 de outubro ás 17 horas, e organízase de forma simultánea noutras ciudades españolas, México ou Bogotá.
Un grupo de nais e pais de Ourense celebrarán o próximo sábado, día 17, un flash mob para dar a coñecer os beneficios de portear os bebés. A actividade -que se levará a cabo de forma simultánea noutras cidades españolas, , incluso en Acapulco, Bogotá ou Santiago de Chile- quere dar visibilidade ao porteo ergonómico e as súas vantaxes tanto para os adultos como os bebés. A iniciativa enmárcase dentro dos actos da Semana Internacional da Crianza en Brazos 2015 (do 4 ao 10 de outubro). No caso de Ourense o Flash Mob será ás 17 horas no Centro Comercial Ponte Vella.
O Flash Mob tamén pretende dar a coñecer os diferentes sistemas de porteo: mochilas ergonómicas, bandoleras, foulards, mei tais… e como facilitan a vida cotiá ata o punto de que se pode bailar co bebé ou nenos pequenos. Entre os beneficios que destacan atópase que os cativos choran menos, redúcenselle os cólico, teñen mellor desenvolvemento psicomotor e facilita a lactancia materna.
Tamén se incidirá como no mercado existen mochilas (como as denominadas “colgonas”) totalmente desaconsellables para os nenos. Trátase dun acto aberto ao público, os grupos participantes organizaranse a través de Facebook (https://www.facebook.com/groups/1580898222167451/?fref=ts).