As propostas poden presentarse ata o 11 de novembro. O autor da gañadora recibirá 300 euros.

O Concello de Allariz xunto co Mercado de produtos da Reserva da Biosfera organizan un concurso para buscar o logotipo e imaxe corporativa que identifique o recentemente renovado Mercado de xeito innovador e creativo.

Ata o 11 de novembro os candidatos poderán presentar as súas propostas a través do correo electrónico participa@allariz.com. Establécese un premio de 300 euros para a candidatura gañadora elixida polo xurado composto por membros do Concello de Allariz, do Mercado da Reserva e da Reserva da Biosfera Área de Allariz.

Tras rematar o prazo de presentación de propostas o xurado reunirase e o seu fallo será publicado na páxina web www.allariz.gal e nas redes sociais do Concello de Allariz o día 12 de novembro. Os interesados poden consultar as bases na web do concello.