A Unión Deportiva Ourense visita ao Amoeiro este domingo -16.30 h- no campo de Penafita.

O Amoeiro é lider do grupo 9 da Segunda Autonómica con 15 puntos, seis máis que os capitalinos que son oitavos con seis puntos.

Os de Dacosta están mentalizados en continuar a racha que os levou a vencer nas dúas últimas xornadas. O líder da competición non lles poñerá as cousas sinxelas xa que é un equipo que tan so cedeu unha derrota nos seis partidos disputados -contra o Santa Teresita por 5 a 2-.

Feminino
Pola súa banda o equipo feminino da U.D. disputa esta xornada o seu partido como local. O encontro terá lugar no campo de Velle o domingo ás 12 horas. O rival será o Pontearnelas.

Convenios
Dous convenios son os que vén de firmar a Unión Deportiva Ourense esta semana. Por unha banda, coa Asociación de Museiros, e por outra, co IESN (Internacional Exchange Erasmus Network).
A primeira das sinaturas foi coa Asociación de Museiros. Nela acordaron que o 15% do diñeiro recadado pola Unión entre os museiros que se abonen irá destinado á propia asociación. E esta o asignará a reducir custes na vindeira liga de mus.
O segundo dos convenios que estableceu a UD foi co IESN (Internacional Exchange Erasmus Network).
Devandito acordo fai que os estudantes estranxeiros que veñan uns meses á cidade poderanse facer abonados da entidade unionista cun 50% de desconto.
Tamén, desde o club pretenden facelos partícipes dos distintos actos que realicen, así como ensinarlles o modelo de xestión, no que os socios son os donos do club. Algo raro nisto do fútbol.

Publicidade
A Xunta de Galicia tomou xa unha determinación sobre o reparto do espazo publicitario no estadio do Couto, no que xogan como locais tanto a UD como o Ourense CF.
O Goberno autonómico determinou ceder ao 50% o espazo dispoñible, de maneira que cada equipo ten asignadas unhas áreas e a publicidade que lle corresponda será retirada ao remate dos seus encontros.
Non obstante, reservarase unha zona para que sexa utilizada pola propia Xunta, o Concello de Ourense e a Deputación Provincial.