O 19 de outubro conmemórase o Día Mundial contra esta enfermidade, o cancro máis frecuente entre as mulleres, pero que na actualidade conta con preto do 85% de supervivencia. Na detección precoz está a chave.

 

A AECC de Ourense ten numerosas actividades programadas na provincia de Ourense polo Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se conmemora o 19 de outubro. Ese día no Carballiño e O Barco de Valdeorrás haberá mesas informativas sobre o cancro de mama. Estarán ubicadas na praza Maior de cada unha destas localidades, de 10 a 13:30 horas.

Así mesmo, no Salón Multiusos do Concello do Barco, ás 20:30 horas, o doutor Francisco J. Reboredo, xefe de Cirurxía Xeral do Hospital Comarcal de Valdeorras sobre “Patoloxía neoplásica da mama”.

En Ourense capital a mesa informativa e a campaña de venda de gafas e bolsas posta en marcha pola AECC para recadar fondos estará en marcha o día 21 de outubro, no CHUO de 10 a 13:30 horas e na rúa do Paseo de 17 a 20.

Mellor diagnóstico e maior índice de supervivencia

Cada ano diagnostícanse 25.000 novos casos de cancro de mama en España, pero en total afecta a máis de 63.000 persoas. Os afectados por este tipo de tumor, pacientes e familiares, son o centro dunha campaña que quixo poñer o foco nas necesidades daquelas persoas que, sen ter o tumor, tamén pasan pola enfermidade.

O cancro de mama diagnostícase nun 99% dos casos en mulleres e ten unha supervivencia próxima ao 85%. A pesar de que cada ano hai unha incidencia maior, estímase que este ano 2015 máis de 26.000 persoas serán diagnosticadas por cancro de mama, a supervivencia aumenta un 1,4% cada ano e a súa taxa sitúase preto do 85%. É, así mesmo, un cancro paradigmático posto que unha maior concienciación social sobre a súa detección precoz e a redución do risco de desenvolvelo, así como un maior esforzo en investigación, lograron que sexa un dos tumores con mellor prognóstico e maiores índices de supervivencia e cronificación.

Lentes rosas contra o cancro
Como cada ano, e xa van tres, a AECC sacou á venda as lentes rosas para recadar fondos para investigar o cancro de mama. Baixo o lema, “O reflexo do teu apoio”, a asociación busca ademais o compromiso de toda a sociedade para transmitir todo o apoio aos pacientes e familiares que están a pasar por un proceso oncolóxico.

As lentes pódense adquirir a través desta ligazón http://sumatealrosa.aecc.es/ ou en calquera das 52 sedes provinciais da AECC (en Ourense na sede provincial en Curros Enríquez, na oficina da aecc no CHUO ou nos comercios asociados ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro).