Os días 16, 17 e 18 de outubro terán lugar os festexos con xogos tradicionais e moita música.
Este venres 16 de outubro comezan as festas do barrio de Santa Teresita. Trala tirada de fogos ás 13.30 horas anunciando o inicio da celebración, pola noite, ás 22 horas será o turno da actuación do grupo D´Momento e Music Scaffold.
O sábado, a partir das 17:30 horas darán comezo os xogos populares. Lanzamento de boina, vasodoble, tiro de corda, baile da botella ou carreira de sacos, serán algúns deles, para que pequenos e maiores se divirtan xuntos. Ás 19 horas será o momento da actuación de Tanito e Máxico Brais co espectáculo «Showvenir» para toda a familia. E ás 23 horas será o turno da orquestra Elite e Music Scaffold.
Xa o domingo, ás 12:30 horas dará comezo o pasarrúas a cargo de bandas de gaitas, seguida da misa na honra de Santa Teresita. Ás 13:30 horas a sesión vermú estará amenizada por un grupo de acordeonistas. Para pechar os fetexos a orquestra Passarela actuará dende as 21 horas.
Durante os tres días haberá unha pista de coches de coches ubicada na Praza de Eiroás.