Por obras de construción de elementos prefabricados na nova EDAR de Reza.
A construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais na marxe esquerda do río Miño vai obrigar a manter o Paseo das Ninfas pechado durante a vindeira semana. Trátase de liberar espazo para a montaxe de elementos prefabricados que, debido ao seu volume, non se poden montar desde o interior da nova EDAR.
Estes labores de montaxe relizaranse ao longo de toda a semana que vén, do luns 19 ao venres 23, e sempre en horario de traballo (de 8:00 a 20:00 horas), abrindo o paso ao rematar os traballos de día e volvendo pechalo á mañá do día seguinte.