A Unión Deportiva Ourense non é capaz de sacar os puntos en disputa en A Penafita diante do Amoeiro.
Sen tempo para acomodarse na grada ou no apoiarse na valla o Amoeiro adiantárase co primeiro gol da tarde. Valderas cede atrás e a zaga non é quen de solventar a papeleta. 1-0 e casi 90 minutos por disputar. Pero o golpe converteuse en noque aos 15 minutos co segundo gol local.
As gradas repartidas entre afeccionados dos dous equipos contemplaban como a Unión volvía ter complicacións cando diante está un equipo da parte alta da táboa.
Os unionistas con máis corazón que cabeza non puidero recurtar distancias no primeiro tempo. E iso que Lucas Nieto, Julio Salgado e Senén as tiveron.
Nieto lanzou desviada a pelota, Salgado disparou de tacón e a defensa rexeitou e Senén buscou unha vaselina imposible. Nin o cambio de Roberto Dacosta por Valderas daba os seus froitos.
Na segunda metade os capitalinos o tentaron de todos os xeitos, pero apenas inquedaban o marco rival. A máis clara unha de Bryant que rouballe o balón ao porteiro local e cando remata o balón e despexado por un defensa na mesma liña de gol.
{gallery}stories/deportes/20151017_amoeiroudo{/gallery}
Nova derrota -cuarta do curso- e coa sensación de que ten que cambiar a dinámica do equipo para poder escalar ata os primeiros postos e lograr loitar a final de tempada polo ascenso.
Ao final do encontro Antonio Dacosta mostrabase contrariado polo gol en contra na primeira acción do partido. A pesar da derrota, o adestrador aseguraba que as cousas na Liga serán «moi diferentes en decembro».