Recibiu o Goya ao mellor director con “No habrá paz para los malvados”, filme que acadou outros cinco recoñecementos máis nestes premios.
O Festival de Cine Internacional de Ourense decidiu outorgarlle na presente edición o premio “Cidade de Ourense” ao director e guionista Enrique Urbizu, recoñecendo así a súa traxectoria profesional. A pesares da súa xuventude, conta cunha dilatada carreira cinematográfica na que colleitou numerosos galardóns, entre os que destacan oito premios Goya: dous deles en 2002 con “La caja 507” e os outros seis con “No habrá paz para los malvados” (guión, mellor dirección e mellor película). Ademais de cineasta, é profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade Carlos III de Madrid.
En 1987 dirixiu “Tu novia está loca”, a súa primeira longametraxe, protagonizada por Antonio Resines e María Barranco, que dan vida a unha comedia de enredo. En 1991 dirixiu a tamén exitosa Todo por la pasta. Despois viñeron “Todo por la pasta”, “Cómo ser infeliz y disfrutarlo”, “Cuernos de mujer” e “Cachito”.
En 2006 converteuse en vicepresidente da Academia de Cine, como segundo da lista encabezada por Ángeles González-Sinde. Agora ten practicamente lista “Silver of lead”, película rodada en Estados Unidos sobre a vida do famoso narco colombiano Pablo Escobar.
A entrega do premio terá lugar o día 19 de novembro e no transcurso do acto proxectarase «La vida mancha», dirixida polo propio Urbizu en 2003.