Na sesión extraordinaria e urxente deste martes, de mero trámite administrativo, tamén se nomeou responsable do contrato (director de obra) deste proxecto.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense celebrou este martes unha sesión extraordinaria e urxente para aprobar dous asuntos de mero trámite administrativo.
Por unha banda, procedeuse ao cambio do responsable do contrato (dirección de obra) e suplente da obra denominada “proxecto para a interconexión do saneamento da rúa Rabaza e do núcleo dos Viros – Souto Sanín. Este cambio ven motivado por unha baixa laboral na Concellería de Infraestruturas. O novo resonsable do contrato (directora de obra) será a enxeñeira municipal María Dolores Arteche Casas. O suplente da mesma será o arquitecto municipal César Pichel Rodríguez.
O segundo punto que se aprobou nesta sesión foi a aprobación do Plan de Seguridade e Saúde para a execución do proxecto de interconexión entre a rúa Rabaza e o núcleo de Os Viros – Souto Sanín. Este plan foi presentado pola empresa Construcciones Orega, correspondente á obra de interconeción de saneamento entre a rúa Rabaza e o núcleo dos Viros – Souto Sanín, asinado polo técnico, Pablo Gómez Dobarrio.
A adxudicación da contratación, polo procedemento negociado sen publicidade, do Proxecto para a interconexión do saneamento da Rúa Rabaza e núcleo de Os Viros Souto Sanin, foi aprobada en XGL de 1 de outubro de 2015 para a oferta presentada por Construcciones Orega SL polo importe total de 112.023 euros, por ser a oferta economicamente máis ventaxosa, conforme aos criterios establecidos no prego de condicións e aos criterios de negociación.