O Cidade As Burgas e Ourense Envialia logran a vitoria ante Móstoles e Elche, respectivamente, na quinta xornada.

Tiveron que pasar cinco xornadas para que o Cidade As Burgas lograra a primeira vitoria da tempada. 9-4 foi o resultado final na que as goleadoras franxiverdes foron Lucía Nespereira (3), Iria Saeta (3), Vanessa Sotelo (2) e María Arias.

As ourensás pronto abrirían o marcador e marcharían ao descanso cun contundente 5-1. Na segunda metade a pesar de que as madrileñas se colocaron 6-4 as locais non sufriron para levarse a vitoria. 9-4 final e primeira vitoria da tempada que sitúa ás de Manolo Codeso undécimas con 4 puntos.

Envialia
O Ourense Envialia continúa coa súa racha de triunfos neste inicio de Liga. Trala derrota da primeira xornada, suma catro vitorias consecutivas o que leva ás de Chipi a ocupar a terceira posición con 12 puntos.

Nesta ocasión desfixéronse do Elche por un contundente 2-6. As goleadoras foron Ana (3), Andrea (2) e María.

Selección
Do 25 ao 28 deste mes a seleccionadora nacional, Alicia Morell, terá a súa disposición ás internacionais para unha concentración que terá dous amiglables fronte Hungría.
As xogadores que chegarán de Ourense son por parte do Ourense Enviala, a súa porteira, Vanessa Barberá, e por parte do Cidade as xa habituais, Ana López, Vanessa Sotelo e Iria Saeta.

Segunda División B
Os representantes ourensáns da Segunda División B masculina non tiveron a mesma sorte nesta xornada.
O Sala Ourense logrou un empate nun gran partido diante do Leis Pontevedra. Pola súa banda o Pizarras Los Tres Cuñados sufriu unha derrota diante do Bembrive por 5-3.

Con estes resultados os valdeorreses dos Tres Cuñados son cuartos con nove puntos, mentres que os capitalinos marchan sétimos, con sete.