Por importe de 88.462,73 euros.
A un total de 17 propietarios de vivendas do Casco Histórico a Xunta de Goberno local vén de outorgar definitivamente as subvencións que solicitaron para o financiamento das obras de rehabilitación previstas nestes inmobles. Estas subvencións, correspondentes todas ellas ás solicitudes de axuda á rehabilitación no ARI (Área de Rehabilitación Integral) do Casco Histórico de Ourense. O importe total das axudas é de 88.462,73 euros.
No tocante a licencias urbanísticas, concedéronse as correspondentes á instalación dun ascensor na rúa Filomena Dato, a dun proxecto básico e de execución de reforzo de estructura do teito na planta sótano dun edificio na rúa San Martín. Tamén se concederon dúas para sendos edificios no Casco Histórico, unha para proxecto básico para rehabilitación e ampliación de edificio sito na esquina de Hernán Cortés coa rúa Bailén; e outra de obra para proxecto básico e de execución para a rehabilitación dun edificio situado na rúa Villar – Canella Cega.
No que respecta ao Servizo de Contratación, acordouse a prórroga do contrato do servizo de mantemento do xestor BBDD ORACLE, polo período que vai do 10 de xaneiro de 2016 ata o 9 de xaneiro de 2017. Este servizo estímase que ten un gasto de 11.656,90 euros para o vindeiro ano, e refírese á renovación do software que utiliza a administración local para xestión de nóminas, contabilidade, xestión económica interna, etc.
Aprobouse tamén o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o proxecto de rehabilitación do firme e mellora da accesibilidade da rúa do Mercado. Este proxecto conta cun orzamento de 101.742,56 euros (IVE incluido)
Tamén se acordou iniciar o expediente de resolución do contrato asinado coa empresa adxudicataria do control, mantemento e explotación da área termal de Outariz e Burga de Canedo, que incluía tamén a explotación dun quiosco-bar. Esta adxudicación recaía na entidade Aspanas Termal S.L.U. Ábrese agora un prazo de dez días para realizar alegacións.
Entre os numerosos acordos acadados nesta Xunta de Goberno destacan outros como o convenio de colaboración coa Agrupación de AAVV do Perímetro Rural e Periferia MIÑO (por importe de 15.105,65 euros).