Atende parcialmente a demanda veciñal, que pedía a renovación do valado da cancha e que se aumentase a súa altura.
Recollendo a petición das veciñas e veciños que levan aos cativos ao recentemente reformado “Parque Infantil As Termas”, a Asociación Veciñal As Termas, situada nas vivendas de promoción publica ao carón da estación de autobuses, presentou no seu día por rexistro a demanda de reforma do peche metálico da cancha polideportiva do barrio.
Esta petición foi recollida ademais por diversos medios de comunicación que se fixeron eco da demanda veciñal. Días despois o Concello de Ourense procedeu a retirada do arame deteriorado lindeiro co novo parque e substituíuna por unha malla téxtil.
Os escritos do colectivo veciñal solicitaban ademais da reparación do valado da cancha que se aumentase a súa altura para garantir que non entraran balóns no novo parque. Un parque que trala súa recente reforma converteuse nun espazo moi empregado por cativos e maiores, principalmente da urbanización de vivendas sociais onde residen arredor de mil persoas.