Os deputados e senadores ourensáns fixeron balance destes catro anos de goberno popular.

 

Os deputados Celgo Delgado e Ana Belén Vázquez, os senadores Carmen Leyte, Juan Manuel Jiménez e Francisco José Fernández, e mailo secretraio xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández, veñen de facer balance das políticas de emprego postas en marcha polos populares nesta lexislatura que remata.

Celso Delgado defendeu que as reformas impulsadas polo goberno do Partido Popular foron o fundamento da recuperación, permitindo que na provincia de Ourense se pasara dos 28.217 parados en decembro de 2011, último mes da lexislatura de Zapatero, aos 23.506 desempregados no pasado mes de setembro. Tamén sinalou que “a EPA deixa ver como só no último ano hai na provincia 2.300 novos ocupados; 2.800 parados menos; e 1.400 desempregados menos de entre 16 e 29 anos”. “O PP tivo que traballar a reo para deter a sangría do paro, estimular o crecemento e acelerar o regreso á creación de emprego”, engadíu.

Así mesmo, o deputado valorou cada ano da lexislatura, calificando o 2012 como o da contención da crise; o 2013, o das grandes reformas estruturais; o 2014, o da recuperación; 2015, o do crecemento; e o 2016 “ten que ser o ano da consolidación, tanto do crecemento como da creación de emprego. Só así poderemos cumprir o obxectivo de volver ter 20 millóns de españois traballando ao final da próxima lexislatura”.

Investimentos
Así mesmo, Delgado destacou os investimento realizados polo Goberno central na provincia, especialmente nas obras de alta velocidade, destacando os 2.347,2 millóns de euros para os treitos ourensáns do tramo Lubián-Ourense. E lembrou que os orzamentos do Estado dedicados a Ourense nesta lexislatura (2.562,90 millóns de euros) supuxeron o 44,54 % do total consignado para Galicia.

Pola súa banda, a senadora popular Carten Leyte cualificou esta lexislatura “como a máis complicada da democracia, no peor momento económico, pero ilusionante polo que tivo de transformadora”.  A senadora repasou rapidamente estes catro anos “de enorme actividade lexislativa”. No Senado, engadiu, enmendáronse o 65 % das leis aprobadas e polo que respecta a Ourense destacou iniciativas como a promoción do rural ourensán, a través de mocións que tiñan como fin a incorporación dos mozos e da muller a estas zonas, pero baixo a premisa dun rural moderno, onde se impulse a innovación e a transformación da produción.