O domingo 1 de novembro Expourense acolle a oitava edición do Festival Internacional de Xadrez.
A partir das 11 horas dará comezo un torneo asentado no panorama xadrecístico galego. Contará cuns 300 xadrecistas de toda Galicia e do norte de Portugal, dos cales preto de 50 están no ranking internacional.
Haberá cinco categorías que comprenderán desde o 6 ata os 18 anos.
En total xogaranse unhas 1.000 partidas realizando máis de 50.000 movementos durante toda a xornada nos 150 taboleiros dispostos pola organización. En total son 5.200 pezas de xadrez as que estarán en movemento.
Este torneo é a penúltima proba puntuable do Circuíto Galego 2015, que se ven disputando dende maio ata novembro pola xeografía galega e composto por 15 probas puntuables desputadas ao longo de toda Galicia.
Xogadores
Dos 300 xogadores que acudirán a esta cita en torno ao 50% son da nosa provincia. Tamén hai unha nutrida representación de deportistas de Portugal, co que se reforza a cooperación transfronteiriza.
O sistema de competición será o Sistema Suizo a 7 roldas.
Premios
Obterán trofeos especiais os cinco primeiros clasificados de cada categoría. Todos os participantes recibirán un trofeo conmemorativo. Tamén haberá numerosos sorteos e premios sorpresa entre os participantes en forma de material electrónico, deportivo, formativo, etc.
Martín Gómez
Con cinco xornadas disputadas no Mundial por idades de xadrez que se celebra en Grecia, o ourensán Martín Gómez suma 3 puntos. Dúas vitorias, dous empates e unha derrota e a súa bagaxe. O campionato remata o 6 de novembro.