Conferencias sobre micoloxía e etnografía, e visitas dos alumnos do CEIP Princesa de España son algunhas das actividades programada.

 

A Biblioteca Pública Municipal de Verín comeza coas súas actividades programadas para o mes de novembro.
Este xoves 5, a partir da 19:30 horas, acollerá a conferencia sobre “Setas fungos e cogomelos: Cómo e por qué», a cargo de Rafael Castro, Pastor Santamarina e Miguel Losada, que farán un percorrido dende a perspectiva da súa ecoloxía, bioloxía e etnoloxía no contexto galaico.

Os días 17 e 18 de novembro será o turno da visita dos alumnos do CEIP Princesa de España. Medio cento de cativos coñecerán de primeira man o servizo bibliotecario. E o día 20, acollerá a conferencia «Ser zamorano e falar galego» de Felipe Lubián e o etnógrafo José Rodríguez Cruz.