Acúsana de mala praxe, diagnósticos erróneos e desinterese.

 

Este 4 de novembro tivo lugar unha concentración de pais ante o centro de saúde de Maceda en protesta do servizo que presta a pediatra do mesmo.

Denuncian as reiteradas deficiencias de atención, que se traduciron en sucesivas reclamacións e queixas a o longo dos anos. “Sucesivos casos de mala praxe, diagnósticos erróneos, ausencia de diagnósticos e desinterese provocaron complicacións graves de saúde para os nenos e inconvintes económicos ás familias”, reclamaron, os cales obrigaron a todos eles, residentes en Maceda, Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz e Xunqueira de Espadanedo a que cambiasen de zona ou acudisen a especialistas privados.

Este grupo de pais reclaman, deste xeito, que as autoridades competentes tomen as pedidas necesarias, ao tempo que recollen sinaturas para logralo.