Será este sábado 7 de novembro ás 20 horas.

 

Con “Le Week-end”, comedia romántica que obtivo a Concha de prata ao mellor actor – Jim Broadbent (Óscar por Iris) – no Festival de San Sebastián 2013, comeza o segundo ciclo da programación de Outono de Cinemas de Galicia na Casa da Cultura de Verín. A película, autorizada para maiores de12 anos, exhibirase este sábado día 7 ás 20 horas.

Dirixida por Roger Michell («Notting Hill») e escrita polo nominado aos Oscar Hanif Kureishi («Mi hermosa lavandería»), “Le Week-End” é unha historia divertida e conmovedora sobre a natureza do amor e os desexos de marido e muller por recuperar e súa audacia xuvenil, falta de responsabilidade e idealismo.  “Un guión brillante. Unha película intelixente e con sentido do humor”, así a definiron os críticos.

“9 ondas” e “Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!”
O sábado seguinte, día 14, tamén ás 20 horas, proxectarase a película “9 ondas”. Finalista nos premios Mestre Mateo 2014 na categoría de longametraxe, o filme, para maiores de 18 anos, é unha indagación sobre a identidade a partir do concepto de fronteiras abertas e mutables.

Cinemas de Galicia 2015 rematará en Verín coa exhibición, o domingo 22 ás 19 horas, da película “Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!”, autorizado para maiores de 7 anos, que gañou, entre outros, cinco Premios César da Academia de Cine de Francia; e dous Premios da Quincena de Realizadores de Cannes (Francia).

Todas as películas teñen un prezo de entrada de 3 euros.