Rey Varela co alcalde de Carballeda de Avia

O titular de Política Social abordou con estes alcaldes diferentes temas no eido social, dentro da liña de diálogo aberta pola Consellería coas demais administracións públicas co obxectivo de xuntar esforzos e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación.

 

José Manuel Rey Varela, mantivo este xoves dúas xuntanzas de traballo cos alcaldes dos municipios de Lobios e Carballeda de Avia, María del Carmen Yáñez Salgado e Luís Milia Méndez, respectivamente. Deste xeito, a Consellería de Política Social dá continuidade á súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación.

Así, nas reunións que tiveron lugar no despacho do titular de Política Social en San Caetano, os rexedores galegos abordaron diferentes cuestións no ámbito social relativas aos seus concellos e avanzaron ao conselleiro propostas para o seu estudo e posible encaixe dentro das liñas de traballo que ten en marcha a Consellería de Política Social.

Neste sentido, e no que atinxe á mellora dos servizos de atención á cidadanía, a potenciación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) estivo entre os asuntos que se trataron nas conversas que mantivo Rey Varela cos primeiros edís de Lobios e Carballeda de Avia. Outra cuestión foi a de buscar vías de colaboración entre administracións no ámbito da infancia, no camiño de ofertar máis recursos de conciliación para os pais e nais que viven no rural galego.