En Punxín e en Xinzo de Limia.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada este venres no Pazo Provincial aprobou axudas por valor de 11.834 euros para os ámbitos de infraestruturas de concellos da provincia.

En concreto, aprobou por un importe total de 5.834,40 euros unha axuda a favor do Concello de Punxín para o transporte colectivo de persoas dependentes. Asemade, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda por importe de 6.000 euros a favor do Concello de Xinzo de Limia para o peche acristalado do centro social.