No número 129 do Barrios Deportivo se hai unha nova por enriba de todas, esta é a Carreira popular do San Martiño que se celebra o 15 de novembro.
39 anos xa desta carreira, decana das populares galegas. E este ano cun novo récord de inscrición: 11.716, ou o que é o mesmo, un incremento do 8% con respecto á do ano pasado. Unhas gradas na liña de meta será a novidade máis salientable desta edición.
Outras novas destacadas é o Club Ourense Baloncesto e a súa derrota na casa fronte o Palma Air Europa. Sen tempo para lamentarse, os de Gonzalo García de Vitoria teñen que visitar a cancha do quinto clasificado, o Barcelona Lassa.
Seguindo con baloncesto, comeza a liga na Primeira Autonómica feminina coa presenza do Campus Ourense, o Pabellón e o Carmelitas.
A Primeira División do fútbol sala chega ao primeiro parón do ano e o fai coa vitoria dos dous representantes ourensáns. O Sala Ourense e o Pizarras Los Tres Cuñados buscarán un resultado positivo nesta xornada previa ao derbi que os enfrontará dentro de dúas fins de semana.
Rugbi, balonmán, BTT, ximnasia e moito máis no número 129 do Barrios Deportivo.
Podes consultalo periódico online, aquí