Os establecementos comerciais e hostaleiros do municipio poderán demostrar as súas dotes creativas a través dun concurso de escaparates.
O Concello de Barbadás lanza un concurso de escaparates de Nadal para os comercios e locais de hostalería da localidade, e no que a veciñanza fomará parte do xurado.
O prazo de inscrición de comerciantes e hostaleiros remata o vindeiro 16 de novembro, tendo que xirar a temática dos escaparates ao redor do Nadal, sendo a técnica e estilo totalmente libres. Valoraranse elementos como como a creatividade, a orixinalidade, a combinación de elementos e cores, así como a iluminación e a composición. Naqueles casos nos que os establecementos hosteleiros non teñan escaparate, tomarase coma referencia á hora de puntuar a decoración interior.
O xurado estará composto por un representante de cada asociación veciñal, por un membro do colectivo de comerciantes e hostaleiros, e por unha persoa en representación do Concello de Barbadás, ademais da participación vía telemática de toda a veciñanza que o desexe. Así, a páxina web do Concello de Barbadás habilitará un formulario onde os veciños poderá votar telemáticamente os tres mellores escaparates.
O concurso establece tres premios: 200 euros á creatividade e orixinalidade, a mesma contía para o escaparate que teña a mellor iluminación e composición e outro premio de 200 euros para o establecemento hostaleiro mellor decorado.
A decisión do xurado terá un 50% de peso na adxudicación de premios, mentras que a votación popular terá o outro 50%. A votación efectuarase entre os días 11 e 20 de decembro tanto por parte do xurado como o voto telemático dos veciños, que tamén poderán achegar as súas valoracións por escrito á dirección Centro Empresarial Transfronteirizo, 25, Camiño de Pontón, Barbadás; por mail a cet@barbadás.es; por fax ao 988 360 413 ou en man.