Os días 27 e 28 deste mes celébrase a cuarta edición do rali de Ourense «Ribeira Sacra».
En total serán 130 os inscritos neste rali que será o último puntuable do Campionato Galego de Ralis. Entre os pilotos destacados estarán na saída da proba ourensá Alex Pais e Alberto Meira; os dous xogaranse o título nesta última proba do calendario rexional. Tamén participarán pilotos coma Iván Ares (actual campión) e Pedro Burgo entre moitos outros.
O evento comezará o venres 27 co tramo nocturno de Castro de Beiro (20 horas), cronometrado para coñecer ao primeiro líder virtual.
Para o sábado 28 chegarán os oito tramos restantes. Pola mañá disputarase o Maceda – Baldrei, con dúas pasadas (ás 9.05 e ás 11.55) e o San Miguel – Luíntra (10.00 e 12.50 horas).
Xa pola tarde decidirase o campión con dous tramos máis. Caxide – Cerrede (con pasadas ás 16.55 e ás 19.50 horas) e o último tramo entre Vilanova e Luíntra con saída ás 17.40 e a segunda e última do rali ás 20.35 h.
Podio
Ao rematar esta cuarta edición subiranse os mellores ao podio que estará ubicado no pavillón de deportes de Luíntra. En caso de bo tempo trasladarase ata a praza do Concello.