O Concello achegará 1.000 euros para paliar os efectos das recentes inundacións sufridas en Tinduf.

Desde a concellería de Servizos Sociais de Barbadás veñen de facer pública a petición de axuda feita pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui “para a provisión de tendas, mantas e enseres básicos destinados á poboación saharaui refuxiada nos campamentos que se atopa á intemperie, logo das recentes inundacións producidas por chuvias torrenciais sobre os campamentos de Tinduf (Arxelia)”, explica a petición.

Como consecuencia, dada esta situación de emerxencia humanitaria vense de dispór desde a Concellería de Servizos Sociais de Barbadás, e concretamente desde a partida de emerxencias sociais, que se poña a dispoción da SOGAPS, unha axuda económica de 1.000 euros para axudar a paliar a situación de catástrofe que está sufrindo o pobo saharaui.