Está enmarcado no conxunto de accións informativas e sensibilizadoras que se organizan dende o Concello con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero.

 

 

Este luns 23 de novembro, en horario de mañá, 15 mulleres participaron no “Curso de defensa persoal feminina”, impartido por David Cabreira (KME) e organizado dende a área de Igualdade do Concello de Verín, que tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes da localidade.

O programa, impartido por KME para a Defensa Persoal Feminina, posibilita traballar dúas vertentes moi importantes; a física (aprendizaxe instintivo de técnicas) e a vertente psicolóxica, reforzando a autoestima e confianza da muller, facilitando e axilizando a resposta ante situacións de agresión ou perigo cun único fin, a autoprotección e saír sa e salva dunha agresión.

A metodoloxía do curso baseouse principalmente no coñecemento dos principais puntos débiles do corpo humanos, tipos de ataques e modos de defensa, utilizar o corpo integramente como método de defensa, actuar correctamente nunha situación de perigo, resposta efectiva e rápida ante unha agresión, intento de agresión sexual ou roubo, agresión con arma, etc.

Sensibilización
Coincidindo ca feira, el Concello de Verín, en colaboración coa Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), repartiron este luns marcapáxinas co lema “Tod@s somos elas” en contra da violencia machista. A principal función de esta acción e animar a que a xente que coñece casos de violencia o denuncie no 016.

Así mesmo, desde o posto informativo tamén se animou a que a xente participe no acto de concentración que se celebrará o día 25 na Praza do Concello, con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero e na que participarán diferentes grupos sociais.