O jiujitsuka ourensán Felipe Iglesias vén de proclamarse subcampión do Mundo de jiu jitsu.
Iglesias acudía a Bangkok (Tailandia) coa intención de facer o mellor papel da súa vida nunha cita destas características. E o torneo non lle puido saír mellor; ou sí.
O ourensán prantouse na final de menos de 56 quilos contra o colombiano Jaison Mora. O español dominaba na puntuación cando a falta dun segundo deu un paso atrás. Os árbitros determinaron que rehuía do combate polo que lle deron o mesmo por perdido. Con certo sabor agridoce subiuso ao podio. De todos os xeito, un éxito sen paliativos para o deportista en particular e o deporte ourensán en xeral.
Christian Álvarez
Tamén acudía a capital tailandesa outro ourensán. Christian Álvarez competía na categoría de menos de 94 quilos. Álvarez lograba un mertitorio quinto posto na súa posta de longo nun campionato deste tipo.
O ourensán tivo moi preto o bronce pero a derrota ante o polaco Rafal Riss o relegou ao quinto posto. Un gran resultado para un deportistas que sempre rinde a bo nivel.
A expedición ourensán, con dous representantes, regresa de Tailandia cunha medalla de prata e un diploma. Unha gran actuación para dous deportistas que sempre dan ledicias ao deporte da nosa provincia.