Reclaman a contrución dun tanatorio, mellora en limpeza de rúas e medidas para atraer visitantes.
O grupo municipal socialista de Cortegada acusa a De Francisco de facer unha “xestión nefasta, xa que se nega a facer un tanatorio que é reclamado polo pobo”, lembra o voceiro do PSOE, que en dúas ocasións solicitaron no Pleno debido aos numerosos problemas que ocasiona a falta do mesmo.
Así mesmo, o socialista iniste en que a xestión do actual rexedor é mala “tamén en temas como o da limpeza, xa que hai certas rúas do pobo que quedan sen limpar como o caso de O Regueiro que a teñen que limpar os veciños, que pagan impostos como os demais” di.
Por último, critica que o alcalde venda unha xestión que non se corresponde coa realidade, segundo palabras do propio alcalde: ”en Cortegada os fins de semana hai “overbooking”, mentras que dende o PSOE consideran que “sempre están os mesmos, o que indica que non se fai o suficiente para que o concello resulte atractivo para os visitantes”.