sta actuación, cun orzamento de 2,7 millóns de euros, inclúe unha senda peonil, que comunicará a nova ponte co núcleo de casas situadas augas arriba, nos Peares.
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), abonou xa os depósitos previos das expropiacións da Ponte dos Peares, o que permite comezar os traballos de construción desta nova infraestrutura sobre o río Miño esta mesma semana. Esta actuación conta cun orzamento de 2,7 millóns de euros.
As tarefas de execución iniciaranse co desbroce e tala de árbores no estribo situado na beira de Nogueira de Ramuín. Na primeira semana de decembro, tamén se levará a cabo estes mesmos labores na zona do estribo do lado da estación Os Peares-A Peroxa. Estas labores estarán finalizadas na segunda semana de decembro.
Seguidamente, executaranse sondeos na zona de estribos e pilas, ao mesmo tempo, traballarase nos accesos e no recheo necesario para poder estar en seco nas crecidas do río cando se executen unha das pilas. As labores estarán finalizadas no vindeiro mes de xaneiro se as condicións e a climatoloxía o permiten.
Actuacións
Este proxecto, licitado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o pasado mes de agosto, consiste na execución dunha nova ponte que mellorará a mobilidade entre os núcleos situados á marxe dereita do río e os da esquerda e coa estrada N-120.
Trátase dunha nova infraestrutura cuxa tipoloxía estrutural prima a minimización da afección visual, dado o valor paisaxístico da contorna, para conseguir unha estética que encaixe no ámbito; e o uso de elementos de tamaño reducido e peso para a montaxe, debido ás condicións de acceso.
A ponte terá unha lonxitude de 193,60 metros, con 5 vans e un taboleiro de 6,25 metros de largo, nos cales se disporán unha calzada de 5 metros para uso compartido de peóns e vehículos, dando prioridade ao uso peonil. De feito, o proxecto inclúe unha senda peonil de 330 m de lonxitude, que comunicará a nova ponte co núcleo de casas situadas augas arriba, nos Peares. A senda apóiase na marxe esquerda da antiga estrada nacional.