Poden presentarse ofertas ata o 10 de febreiro.
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a licitación da redacción do proxecto de construción da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no treito entre a autoestrada e a N-525. Neste anuncio sinálase que a presentación de ofertas pode realizarse ata o vindeiro 10 de febreiro.
O orzamento de licitación para a redacción deste proxecto ascende a un importe total de 337.000 euros, e o obxectivo é que a redacción do proxecto construtivo se poida realizar en 2016, unha vez que remate a información pública e se aprobe definitivamente o proxecto de trazado e a avaliación de impacto ambiental.
O Goberno galego conta coa correspondente partida orzamentaria en 2016 para esta infraestrutura, ao tempo que se reservan os fondos necesarios para executala nos orzamentos futuros. Ademais os esforzos do Executivo autonómico lograron a disposición de 15 millóns de euros de fondos FEDER, do período operativo 2014-2020, para garantir a execución desta conexión.
A vía, que contará con 4,5 quilómetros de lonxitude que toca aos e percorre os termos municipais de San Cibrao das Viñas e de Taboadela, reduce o percorrido de conexión coa autovía en aproximadamente nun 66%, ao pasar de 11 a 4,5 quilómetros; e, paralelamente adicionalmente, mellora a conectividade coa autovía de Celanova.
Así mesmo, coas actuacións proxectadas preténdese impulsar unha conexión estratéxica que atenderá a demanda empresarial e cidadá, favorecerá a mobilidade e os desprazamentos nesta área industrial e ofrecerá novas facilidades para que as industriais alí asentadas poidan medrar.