Recollemos as programacións navideñas de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova.
No número de decembro de Barrios incluímos un especial sobre as Eleccións Xerais do 20 de decembro, entrevistando aos cabezas de lista por Ourense ao Congreso do PP, PSOE, En Marea, NÓS-Candidatura Galega e Ciudadanos.
Ademais, incluímos a programación de Nadal que nos traen os concellos de Xinzo, Verín, Allariz e Celanova.
En canto aos temas máis destacados de cada comarca, en Monterrei informamos da sentenza que anula a licenza de obra do Parador, na Limia, da dimisión de Xaquín Rodríguez como alcalde de Rairiz de Veiga, en Allariz-Maceda, dos ataques de lobos ás cabanas gandeiras, e en Celanova, coñecemos máis de preto o servizo de bombeiros da mancomunidade.
Neste número tamén facemos balance do que deu de si este ano repasando as dez noticias máis destacadas publicadas ao longo de 2015 en Barrios.
Todo isto e moito máis, podes consultalo no seguinte enlace: http://issuu.com/barriosxinzoverin/docs/201512_barrios