Recolleron 1.500 quilos de alimentos e produtos de hixiene.

 

O C.D.R. O Viso recolleu máis de 1.500 quilos de comida e produtos de hixiene na campaña “Contribuindo ó local, contribues contigo”, que levou a cabo do 1 e o 19 de decembro.

Dende a organización agradeceron a colaboración de empresas, veciños e voluntarios, así como a dos supermercados Gadis, Día e Eroski, que aocolleron nos seus establecementos carriños para que a poboación puidese facer a súa aportación, das perruquerías Luxury e Asun, e da Parroquia de Santa María de Couso de Limia. “O cal constata que aínda perviven os valores da axuda mutua, a cooperación e a solidariedade, nuns tempos onde urxe a redistribución social debido á elevada taxa de desemprego”, sinalan.

Con todo  o recadado, realizarán un reparto inicial nestas sinaladas datas e tamén mensual durante o 2016, entre as familias da comarca máis necesitadas.

Esta ONG pon, así,  o seu gran de area “para que toda aquela persoa con necesidades poida gozar duns indicadores mínimos de calidade de vida concibindo a alimentación como un dereito humano básico e universal”.