Os xoguetes entréganse fundamentalmente a familias coas que Cruz Vermella traballa desde os seus distintos proxectos.
Coa chegada das festas, os máis pequenos da casa van poñéndose máis e máis nerviosos ante a inminente chegada de agasallos e novos xogos cos que poderán entreterse e aprender.
Para que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades de xogar, aprender e desenvolverse, Cruz Vermella Xuventude puxo en marcha, un ano máis, a súa campaña de xoguetes “Hai moitos xoguetes, unha maneira de axudar: Pon en forma a túa solidariedade”. E faino da man de numerosas entidades que colaboran, tanto a nivel nacional, como autonómico e local. Tamén grazas á colaboración de persoas individuais que pretenden garantir que, estas festas, todos os nenos e nenas teñan un xoguete novo.
Máis de 570 cativos da provincia de Ourense recibirán este Nadal os seus agasallos grazas á solidariedade de moitas persoas que participaron nesta campaña. Voluntariado das asembleas comarcais de Cruz Vermella están a realizar a entrega dos xoguetes en Ourense, O Carballiño, Ribadavia, O Barco, Verín, A Gudiña, Maceda e Celanova. Un labor que ten o seu reflexo no sorriso dos máis pequenos, cando en reciben un libro, un triciclo, un quebracabezas, unha boneca, etc. Xoguetes educativos, non bélicos e non sexistas que contribúen a desenvolver a personalidade do neno, xa que teñen un papel importante na súa socialización e na formación dos conceptos, aptitudes, e expectativas.
Os xoguetes entréganse fundamentalmente a familias coas que Cruz Vermella traballa desde os seus distintos proxectos, aos nenos e nenas que participan nas actividades de Cruz Vermella Xuventude, como o promoción do éxito escolar escolar ou os centros de mediación social, e familias que estes días achéganse por primeira vez a Cruz Vermella para solicitar axuda.
Cruz Vermella en Ourense contou coa colaboración especial de moitas empresas e entidades, como Dsignia, Eromáster e Imaginarium; “la Caixa”, que fixo una doazón de 6.000 euros para a compra de xoguetes novos que as propias familias adquiriron directamente en tenda a través de vales; Abanca, que aportou voluntariado corporativo e un local onde se fixo a recepción e entrega de xoguetes; a Universidade de Vigo, o Centro Comercial Aberto Couto Centro e o colexio Miraflores que fixeron a súa propia recollida de xoguetes; a xoguetería Croco-toys e Imgrafor. Ademais realizáronse outros eventos solidarios como o Torneo de Fútbol Sala Infantil de Cruz Vermella Monterrei, coa colaboración do Concello de Verín, ou a carreira solidaria dos Santiños, organizada polo Clube de Atletismo ADAS a beneficio de Cruz Vermella en Valdeorras.