Está organizado pola Fundación Ramón Gozález Ferreiro e dará comezo o 19 de xaneiro.
A Fundación Ramón González Ferreiro organiza un novo curso de costura. Baixo o título «Arranxos e transformación», os asistentes a estas clases, que terán lugar todos os martes a partir do 19 de xaneiro de 16:30 a 19:30 ata completar as 24 horas lectivas, poderán aprender a subir baixos e mangas, zurzir, estreitar prendas, transformar pezas do fogar e de vestir, confeccionar adornos e moito máis.
Para participar nesta actividade non é precisa experiencia previa, pero os alumnos deben levar o seu propio costureiro con material básico e poden achegar as súas propias prendas para arranxar.
O custo total do curso é de 60 euros, fraccionables en dous.