A Unión Deportiva Ourense logrou -non se sufrimento- unha importante vitoria diante do Melias o que lle encarama ata a terceira posición.
A tarde, moi chuviosa, non comezaba ben para os unionistas. Durante o quecemento, o porteiro Héctor tivo que acudir a un centro médico debido a unha luxación no dedo corazón da mán esquerda. O xuvenil, Rubén Araújo tivo que substituilo na portaría.
O encontro comezou moi fulgurante. Sergio, a saída dun saque de esquina, lograba o primeiro gol da tarde aos tres minutos. A ledicia durou ben pouco; tres minutos despois sería Ángel o que lograría o empate para o Melias. Recén pasado o primeiro cuarto de hora, de novo Sergio adiantaba aos locais; como na anterior ocasión, ao rematar un córner (2-1). O partido estaba moi vistoso, e os visitantes volveron a empatar a contienda (2-2) por mediación de Jonny.
{gallery}stories/futbol/20160103_udo_melias{/gallery}
A última palabra do primeiro acto non estaba dita e dou goles máis subirían ao marcador. Senén facía o 3-2 (minuto 29) e Cachi dáballe a réplica co 3-3 no 32. O marcador non se movería na primeira metade.
O segundo tempo estivo moito máis trabado e a sorte fixo que no 69, Sergio sumara o terceiro da súa conta para darlle os tres puntos aos unionistas.
Con este resultado e a derrota do Amoeiro ante o Arnoia (1-2) fixo que os homes de Antonio Dacosta suban ata a terceira posición. Primeiro é o Arnoia con 40 puntos, segundo o Santa Teresita con 38 e en terceiro lugar agora está a UD con 37. O Santa Teresita venceu 3-1 ao Caldelao.
O Arrabaldo gañou 6-2 ao Covadonga e o Loñoá empatou a un gol co Trives.