O grupo provincial acusa ao presidente da Deputación de preocuparse máis pola súa imaxe pública que polas necesidades dos concellos.
O grupo provincial socialista na Deputación acusa a Manuel Baltar de «atender os seus asuntos persoais e ir de xira promocional en múltiples viaxes» na vez de atender «os verdadeiros asuntos importantes que atañen á vida diaria dos habitantes dos distintos concellos». Refírense os socialistas a falta de bases reguladoras das axudas para servizos sociais comunitarios dos concellos, que na convocatoria anterior xa foran publicadas no mes de decembro
«A día 8 de xaneiro, non se teñen noticias das mesmas bases e os concellos, polo momento, non saben a que aterse nunha materia tan delicada que incide na vida diaria de todos os veciños/as. Tanto no caso do SAF coma nas cuestións técnicas, os Cconcellos, contaban, alomenos cunha previsión para o ano entrante», recordan nun comunicado.
Os deputados provinciais do PSOE achacan esta situación a un xeito de facer política de Baltar «baseado no postureo, na superficialidade e na auto-promoción». “José M. Baltar, está prexudicando, non só a imaxe da institución que preside, senón o seu funcionamento diario”, engaden.